Eventos 2019 2020
--SIN FINANCIACIÓN PÚBLICA NI PRIVADA--
FEBREIRO 2019
Comenzamos a fondo a Campaña EXERCEDEMULLER tras a presentación en xaneiro 2019
FEBREIRO 2019
A presentación do noso II Congreso IN.XURGA sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade e Dependencia de título: NON TER MEDO É O CAMIÑO que se celebra os días 19 a 21 febreiro 2019 no Pazo de Cultura Pontevedra por ANA PÉREZ, xornalista da RTVG.
MARZO 2019
IN.XURGA apoia de xeito público a Plataforma DEFENDE A GALEGA pola independencia dos medios públicos de información na TVG e Radio Galega.
ABRIL 2019
IN.XURGA apoia a PLATAFORMA ESTATAL POR UNA ESCUELA EXTRAORDINARIA.
MAIO 2019
O Barro C.F. organiza o IV Torneo Solidario de Fútbol Sala en favor de IN.XURGA. Colabora tamén Taponeta Solidaria. Será o día mércores 1 maio 2019.
MAIO 2019
O 03 de maio 2019, por mor do Día Nacional da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade IN.XURGA vai celebralo dando lectura na rúa ó texto da Convención en lingua galega e formato lectura fácil, participando nenas e nenos con e sin discapacidade. Agardamos a vosa presenza. Os nenos e nenas que queiran participar poden facer a inscrición no enderezo in.xurga@gmail.com.
MAIO 2019
Participaremos nunha xuntanza con mulleres da Federación ECOM composta por distintas organizacións de persoas con discapacidade física, en Barcelona.
MAIO 2019
Participaremos no V CONGRESO ESTATAL SOBRE ALTERACIONES DE LA CONDUCTA en Barcelona organizado polas asociacións AMPANS e ALTHAIA e conxuntamente coa celebración do XII Congress of the European Association for Mental Health in Intellectual Disability. Nuestra Presidenta imparte una ponencia titulada:" El acceso a la justicia de las personas con discapacidad intelectual y/o enfermedad mental. Barreras y posibles soluciones" en la Mesa: Liderazgo institucional que garantiza la excelencia y la sostenibilidad en la gestión de las conductas problemáticas en discapacidad intelectual. Asimismo, se presentan los siguientes pósteres: "Incidencia en la salud mental de las personas con discapacidad intelectual inmersas en procedimientos judiciales tras adaptar la resolución dictada y alcanzar su comprensión" y "La figura de la personas facilitadora en el ámbito penitenciario en relación a personas con discapacidad intelectual y/o enfermedad mental que están cumpliendo condena".
XUÑO 2019
Participaremos no curso organizado por PLAN LOCAL SOBRE DROGODEPENDENCIAS E OUTRAS ADICCIÓNS de Vigo titulado: Curso de formación en prevención de drogodependencias para mediadores xuvenís. Programa Activa.
XUÑO 2019
Participaremos nun acto de presentación da campaña RED-GÉNERO coa FEDERACIÓN DE MUJERES PROGRESISTAS en Madrid. Jornada de Presentación Descubre tu #ONGHAIN
XULLO 2019
Participaremos nos actos do Orgullo en Madrid co colectivo LGTB
XULLO 2019
Comenzamos a Campaña POLA DIGNIDADE NA AXUDA NO FOGAR
XULLO 2019
O 11 xullo 2019 sesión formativa sobre a persoa facilitadora no seu papel nos xulgados no que a nosa Presidenta, experta en discapacidade e dependencia, fará un resumo do tema baseado no seu traballo fin de Máster en Discapacidad, Autonomía Personal y Atención a la Dependencia" ano 2016 de título: " La figura de la persona facilitadora en el ámbito penal. Intervención en el ámbito penitenciario " dirixida polo Fiscal especialista protección personas con discapacidad de Jaén Don Cristóbal Fábregas Ruíz. Tamén darase conta da experiencia de IN.XURGA asesorando ás persoas con discapacidade intelectual e/ou enfermedade mental no edio xudicial do que tamén dará conta a Vicepresidenta. Darase conta da experiencia de IN.XURGA con un recluso con discapacidade intelectual, enfermedade mental e discapacidade física que é persoa asociada en proceso xudicial na actualidade. Teremos a unha muller que foi asistida pola nosa asociación IN.XURGA que fará testemuña pública do proceso de acompañamento, información, asesoramento e axuda. De balde.
SETEMBRO 2019
Participaremos no Congreso Ágora en Badajoz NOVEMBRO 2019 Participaremos no Congreso Norbienestar en Gijón.
NOVEMBRO 2020
Asina convencio con Asociación PuntoGaL http://asociacion.dominio.gal/nova/puntogal-e-in-xurga/