SESIÓNS FORMATIVAS IMPARTIDAS DE BALDE

  ***SESIÓNS FORMATIVAS IMPARTIDAS DE BALDE***
--SIN FINANCIACIÓN PÚBLICA NI PRIVADA--

*Sesión formativa 1. Día 26 setembro 2017.
Comenzamos as sesións de formación o vindeiro día 26 setembro 2017 na Casa Azul. O tema a tratar será o entorno xurídico dos certificados de discapacidade. A duración dúas horas a partires das 19.00 horas. Podedes facer tódalas preguntas e plantexar todas as dúbidas que desexades. Podedes facer as inscripcións no correo in.xurga@gmail.com.

*Sesión formativa 2.  Días 26 e 27 Outubro 2017.
A sesión do mes de Outubro será a participación de balde no Congreso Xurídico. Podedes facer as inscripcións no correo in.xurga@gmail.com.

*Sesión formativa 3.  Día 30 Novembro 2017.
A sesión do mes de Novembro  celebrarase no Concello de Marín no Museo Torres ás 20.00 horas.  Estades todos convidados.  A entrada é de balde. http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2017/11/29/museo-acoge-sesion-informativa-juristas/1794775.HTML

*Sesión formativa 4.  Día 21 Decembro 2017.
A sesión do mes de Decembro tratará sobre a ferramenta lectura fácil. Podedes facer as inscricións no correo in.xurga@gmail.com

*Sesión formativa 5. Día 25 Xaneiro 2018
As sesión do mes de xaneiro  trata sobre a Dependencia en Galicia.   Entrada de balde. En Pontevedra.

*Sesión formativa 6. Día 21 e 22 Febreiro 2018
A sesión formativa de Febreiro  consiste na participación  de balde para as persoas asociad@s no Congreso Xurídicoa celebrar no Pazo da Cultura Pontevedra. Engádese o enlace ós contidos:
http://www.actiweb.es/inxurga/congreso_inxurga_2017.html

*Sesión formativa 7. Día 7 Marzo 2018
A sesión formativa de Marzo  terá contidos sobre Muller con Discapacidade.    Entrada de balde. En Pontevedra.

*Sesión formativa 8. Día 26 Abril 2018
A sesión formativa de Abril  terá contidos sobre as persoas  maiores.  Entrada de balde . En Pontevedra.

*Sesión formativa 9. Día 25  Maio 2018
A sesión formativa de Maio  será no Concello de Barro o día 25 maio ás 20.00 entrada de balde.
*
Sesión formativa 10. Día 22  Xuño 2018
A sesión formativa de Xuño  será no Concello de Portas o día 22 xuño ás 20.00 entrada de balde.

*Sesión formativa 11. Día 22  Setembro 2018
A sesión formativa de Setembro terá lugar no Concello de  Cée na Coruña o día 22 setembro ás 17.00 Entrada de balde.  Deixamos anuncio da sesión. Estamos convidadas pola asociación Unión de Paciente FinisTerrae xunto a tres excelentes profesionais médicos.

*Sesión formativa 12. Día   Outubro 2018
A sesión  terá contidos sobre os dereitos laboráis das persoas con discapacidade e celebrarase en Pontevedra.

*Sesión formativa 13 Día 06/07  Novembro 2018
As sesión de novembro consiste na participación nas I Xornadas de Violencia de Xénero e Muller con Discapacidade a celebrar no Concello de Marín na Biblioteca Municipal con duración 10 horas de formación e certificación dos contidos.

*Sesión formativa 14 Día 03  Decembro 2018
A sesión de Nadal celebrase en Pontevedra na Biblioteca ás 18.30 horas por mor da celebración do aniversario da Convención sobre los Derechos de las Personas con Discapacidad co tema lectura fácil onde se dará lectura  por varios nenos e nenas ó texto Derechos del Niño y de la Niña.

*Sesión formativa 15 Día 17  Decembro 2018
A segunda sesión de Nadal celebrase no Concello de Cambados no edificio exposalnés ás 19.00 horas.  Entrada de balde.
*Sesión formativa 16 Día  18 Xaneiro 2019
A sesión de Xaneiro  terá lugar no Concello de Vigo. Entrada de balde.
*Sesión formativa 17 Día   Febreiro 2019
A sesión de febreiro será a participación no II Congreso sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade e Dependencia en Pontevedra no Pazo da Cultura. Entrada de balde para as persoas asociadas.
*As sesións formativas mensuais son de balde para as persoas que desexen asistir.
Buscar